Benvidos ao Quinteiro

O Quinteiro de Temperán é unha antiga casa agraria do século XVIII restaurada e adaptada a usos etnográficos, culturais, didácticos e turísticos. Nela é posible acceder ao coñecemento da cultura tradicional do mundo rural de Galicia. Nese sentido O Quinteiro de Temperán é un centro de interpretación da cultura tradicional do agro galego, tanto na súa dimensión física: a casa como edificio, coas súas partes interiores e exteriores, como na súa actual transformación nun espazo de aprendizaxe, pedagóxico, museístico, arredor da etnografía agraria de Galicia.

Agora no Quinteiro de Temperán tanto podes VISITAR a nosa casa museo

como DEGUSTAR os nosos viños e petiscos, e ¿por qué non as dúas cousas á vez? 

 

Dende O Quinteiro de Temperán, queremos comunicarvos que o museo a partir do día 23 de outubro permanecerá pechado por acondicionamento do espazo ata o 1 de abril do 2020. Estas reformas están axustadas ás demandas dos novos obradoiros para colexios e grupos. Informamos que as visitas guiadas poderanse realizar de igual forma, pero esta vez con cita previa; para iso soamente é necesario chamar ao 617 343 900 ou ao 607 018 200 e concertar a dita visita. Do mesmo xeito o resto de eventos/celebracións que se queiran contratar (obradoiros, ceas, xantares, etc.).

Con todo isto, pedimos disculpas por todos os problemas que se poidan ocasionar.

Presentación

Tríptico

Próximos eventos