As partes da casa

A casa normalmente de planta única era construída en perpiaños, en lousa de granito, ben murada e cuberta con tella curva. Con oucos ocos abertos ao exterior, para evitar a rigorosidade do inverno e a humidade, con paredes feitas cunha mestura de área e cal e un esqueleto de taboiñas cruzadas. Ao piso de terra botábanselle unhas táboas de madeira cando a economía doméstica progresaba.