A Adega

 


O lugar da casa, ou do quinteiro, dedicado á preparación dos viños e licores, e mesmo utilizado como fresqueira de alimentos. Co piso de terra, completamente pechada e sen máis aberturas que a porta de acceso e uns respiradoiros para permitiren a saída dos gases que provocan as fermentacións da uva e do bagazo.  Enriba de paus están os pipos do viño, os garrafóns dos licores, e as carnes curando ou os queixos en maduración. No chan a prensa, os culeiros, e os demáis utensilios e máquinas para facer da uva, viño, e do bagazo, licor.

Completa a adega o alambique, co lume morno quecendo o bagazo, e que separa o alcohol contido nos restos da uva, unha enxeñosa obra feita en cobre que destila a augardente co oficio e sabiduría do poteiro, que pasaba cada tempada a facer o seu traballo.