O Cuarto

Destinado ao descanso nocturno, á reparación dos corpos desgastados polo duro traballo diario. Un ou dous como máximo por cada casa, xa que non se procuraba a privacidade para durrmir, e os recursos eran escasos. Ás máis das veces, era un espazo mínimo, completamente pechado, non sendo na entrada, na que nin porta había. Dentro só unha caixa de madeira, o leito, sobre o que se botada un colchón de follato, os lenzos de liño, a colcha e un cobertor de la. Un roupeiro, a palangana de lavarse, e a bacenilla eran o resto das dotacións para a hixiene diaria.