O Quinteiro

É o espazo onde continuar cos labores que non se podían facer dentro da casa, ou no alboio, pero que a estacionalidade, ou a necesidade, esixía dedicación inmediata. Este é o lugar no que afiar os coitelos, mallar o cereal, pranar patacas, debullar as mazarocas ou remendar a roupa.

O lugar multiusos agora adaptado a sala de exposicións, fixas ou temporais, proxeccións, aulas, tempos de lecer, obradoiro de actividades, lugar de encontro e reflexión,  confluencia de persoas interesadas no coñecemento e divulgación da cultura tradicional.