Aniversarios

 

 

OBRADOIROS

  1. Visita guiada ao Quinteiro:

Os nenos/as coñecerán a nosa casa agraria do século XVIII, onde os seus avós conviviron durante tantos anos. Explicándolles cada unha das partes interiores e exteriores da casa e as súas funcións, así como os aparellos de traballo.

Unha vez terminada a visita guiada, os nenos/as desfrutarán dunha serie de obradoiros, onde ademais de recibir a explicación correspondente, eles poderán participar dunha forma activa executando cada un dos procesos.

2. Visita ao piorno:

A primeira parte dos obradoiros trátase dun recorrido ata o piorno, onde os nenos/as recompilarán o millo almacenado.

  1. Debullado do millo:

Os rapaces/zas poderán experimentar o debullado tanto a man como a máquina.

  1. Recorrido ó curral:

Nesta parte os nenos/as desprazaranse ó galiñeiro, para recoller eles mesmos cada un dos ovos que empregaremos para elaborar as torrixas. Ademais de alimentar os animais do curral.

  1. Elaboración das torrixas.
  1. Xargóns de follato:

Unha vez recollida e seleccionada a folla da vaina do millo, elaboraremos os xargóns de follato igual que no antano, para que os rapaces/zas poidan comprobar as sensacións de durmir nun colchón totalmente diferente o seu.

  1. Agasallo: Obradoiro de arumes

Como agasallo do Quinteiro, finalizaremos os obradoiros cun último dedicado ós arumes. Neste, clasificaremos os tipos de plantas aromáticas coa súa utilidade, e finalmente levarán unha mostra de cada unha delas elaborada por eles mesmos.

  1. Xogos populares:

Os trompos, a chave, a petanca, o aro, o tira-chinas, o pilla-pilla, o pano, a carreira de sacos, o tiro a corda, a comba, a mariola, as bolas,  etc...

  1. Música:

Un grupo de música tradicional galega amenizará finalmente o aniversario, con gaitas, pandeireta e percusión. Os nenos/as, unha vez máis, participarán con instrumentos que se empregaban antigamente.

 

MERENDA

Chocolate
Biscoitos
Torrijas
Bocadillos tradicionais
Tarta do Quinteiro (“Da Avoa”)
Limonada Natural
Naranxada Natural
Auga
Bolsas de lambetadas

 

*Suplementos a maiores deberán ser comunicados.

 

 

*PIDE O TEU PRESUPOSTO AO QUINTEIRO*