Presentación

O quinteiro de Temperan esta dirixido por un grupo de homes e mulleres que a partires do traballo da terra, queremos achegarnos a xentes de outros lugares.

Este proxecto nace coa intención clara de expoñer unha realidade vivida fai anos no entorno rural de San Vicente e tamén como non, amosarlles unha forma de vida social e cultural dos nosos antepasados que ó mesmo tempo nos vai a permitir darlle á aldea de San Vicente un punto de referencia turístico/cultural, asemade pretendemos formar parte da oferta turística do concello do Grove.

O Quinteiro de Temperan pretende ser unha referencia para turistas de fora da xeografía de Galiza, sen esquecernos dos galegos que nos visitan ó longo do ano no concello de O Grove.

Esta iniciativa turística/cultural ten como obxectivo promover o turismo en San Vicente mediante unha cultura con traballos de recuperación de aparellos de labranza e ó mesmo tempo amosarlles as nosas costumes, formas de vida etc, en definitiva a nosa propia identidade como pobo.

As actividades estarán programadas para grupos non superiores a 30 persoas e con un máximo 50.

Dentro do marco das actividades programadas para”O quinteiro de Temperan “formarán parte as exposicións, charlas didácticas con manipulación dos aparellos de labranza, talleres artesanais de carpintería, canteria e ferreria, tamén contaremos con representacións teatrais, xogos populares, conta contos tradicionais, conferencias, actividades de campo, seráns tradicionais, e musica tradicional na medida do posible todas as actividades mencionadas serán realizadas por persoas da aldea de San Vicente, promovendo e fomentando deste xeito a implicación de todo o pobo nun proxecto común.

Todos aqueles turistas que visiten o Quinteiro de Temperan atoparanse cun escenario con vida propia, a vida diaria dun labrego, desempeñando o seu traballo diario, tamén estará exposta unha exposición dos seus aparellos de traballo porque de elas dependía o seu pan de cada dia.

Special

Cel eum iriure dolor in hendrerit in vulputate velit esse molestie consequat, vel illum dolore eu feugiat nulla facilisis at vero eros et accumsan et iusto odio dignissim qui blandit praesent luptatum augue duis

Lorem ipsum dolor sit amet:

Galería de fotos

all photos

Sobre nosotros