OBRADOIRO DA MATA DO PORCO (Domingo 25-F)

Asiste connosco a un obradoiro práctico no que podemos familiarizarnos coa matanza tradicional do porco, aprendendo tanto a despezalo como a conservar cada unha das súas partes, tal e como facían os nosos antepasados.
Anímate e participa nunha xuntanza que che transportará no tempo aos Quinteiros dos nosos ancestros, ao bullicio das faenas da matanza e aos praceres culinarios que esta experiencia lles aportaba.
¡Todo isto con preparación  e degustación de filloas de sangue, raxo e costela á brasa!
#oquinteirodetemperan #oquinteiro #sanvicentedogrove #ogrove #matanza #matanzadoporco #museogalego
#museos #obradoiro