Situado no quinteiro, era o lugar destinado a obradoiro do que saen novas pezas que restauran a aquelas que xa remataron a súa vida útil. Dependendo do oficio, ou das habilidades, dos da casa, aquí desenvolvían o seu labor os carpinteiros, zoqueiros, cesteiros, cubeiros, serranchíns, ferreiros, latoeiros… por iso hai nel sempre ferramentas e moblaxe de traballo… serras, formóns, trenchas, martelos, tesouras, machadas, aixolas, e bancos, fol do lume, zafras... ferro, folla de lata, madeira…
O Quinteiro de Temperán
Espazo etnográfico