OBRADOIROS
- Visita guiada ao Quinteiro:
Os nenos/as coñecerán a nosa casa agraria do século XVIII, onde os seus avós conviviron durante tantos anos. Explicándolles cada unha das partes interiores e exteriores da casa e as súas funcións, así como os aparellos de traballo.
Unha vez terminada a visita guiada, os nenos/as desfrutarán dunha serie de obradoiros, onde ademais de recibir a explicación correspondente, eles poderán participar dunha forma activa executando cada un dos procesos.
2. Visita ao piorno:
A primeira parte dos obradoiros trátase dun recorrido ata o piorno, onde os nenos/as recompilarán o millo almacenado.
- Debullado do millo:
Os rapaces/zas poderán experimentar o debullado tanto a man como a máquina.
- Recorrido ó curral:
Nesta parte os nenos/as desprazaranse ó galiñeiro, para recoller eles mesmos cada un dos ovos que empregaremos para elaborar as torrixas. Ademais de alimentar os animais do curral.
- Elaboración das torrixas.
- Xargóns de follato:
Unha vez recollida e seleccionada a folla da vaina do millo, elaboraremos os xargóns de follato igual que no antano, para que os rapaces/zas poidan comprobar as sensacións de durmir nun colchón totalmente diferente o seu.
- Agasallo: Obradoiro de arumes
Como agasallo do Quinteiro, finalizaremos os obradoiros cun último dedicado ós arumes. Neste, clasificaremos os tipos de plantas aromáticas coa súa utilidade, e finalmente levarán unha mostra de cada unha delas elaborada por eles mesmos.
- Xogos populares:
Os trompos, a chave, a petanca, o aro, o tira-chinas, o pilla-pilla, o pano, a carreira de sacos, o tiro a corda, a comba, a mariola, as bolas, etc...
- Música:
Un grupo de música tradicional galega amenizará finalmente o aniversario, con gaitas, pandeireta e percusión. Os nenos/as, unha vez máis, participarán con instrumentos que se empregaban antigamente.
MERENDA
Chocolate |
Biscoitos |
Torrijas |
Bocadillos tradicionais |
Tarta do Quinteiro (“Da Avoa”) |
Limonada Natural |
Naranxada Natural |
Auga |
Bolsas de lambetadas |
*Suplementos a maiores deberán ser comunicados.
*PIDE O TEU PRESUPOSTO AO QUINTEIRO*